Un ano máis Santiago celebra o Festival Internacional de Peregrinos Musicais, no que se reunen profesionais de diferentes partes do mundo para facer desfrutar ao público coa música clásica. A meirande parte dos concertos terán lugar no Teatro Principal de Santiago, aínda que tamén haberá algunha actuación na Capela do Hostal dos Reis Católicos e no Auditorio de Galicia. Fóra da capital Galega, en concreto en Nigrán e en Sanxenxo, tamén haberá varios concertos os días 1 e 2 de xullo.
Este festival destaca por estar dedicado en parte á xente nova. Haberá unha serie de actuacións nas que participarán nenos de todo o mundo de idades comprendidas entre os 12 e 22 anos. Os talentos galegos mozos suman un total de 9 nesa lista.
Coma outros anos, nesta edición tamén haberá masterclass de violín, piano, violonchelo e frauta. As prazas son limitadas e a inscripción faise a través da web do festival. O prazo para apuntarse remata este xoves.