Home Programas Área Compostela Santiago pon en xaque ás vivendas turísticas ilegais

Santiago pon en xaque ás vivendas turísticas ilegais

0
Santiago pon en xaque ás vivendas turísticas ilegais

O Concello de Santiago realizou este venres, na praza do Obradoiro, a acción central da súa campaña de concienciación cidadá a respecto dos pisos turísticos ilegais. Segundo datos amosados pola corporación municipal, en Compostela hai máis de 3.000 prazas ofertadas en vivendas irregulares.

A campaña consiste na colocación dunha estrutura cunha cama no seu interior e cartaces con información sobre os pisos turísticos ilegais. Nas vindeiras datas, desenvolverase en lugares como a rúa das Carretas, a praza de Cervantes ou a Alameda. Por outra banda, o Concello habilitou tamén unha páxina web para difundir a campaña.

Sancións de até 30.000 euros

Outra imaxe da presentación desta mañá

Polo de agora, o Concello abriu xa dous expedientes a propietarios que alugaban de xeito irregular no Casco Histórico, e que deberán cesar a súa actividade para non seren sancionados con multas de entre 300 e 30.000 euros. O obxectivo destas medidas, tal e como incidiron este venres Marta Lois —concelleira de Turismo— e Jorge Duarte —concelleiro de Espazos Cidadáns—, non é outro que evitar que a veciñanza sexa “expulsada” da zona vella da cidade.