A concelleira de Turismo, Marta Lois, valorou en rolda de prensa o resultado da segunda edición de Santiago Paixón Doce, un programa gastronómico que tivo lugar do 7 ao 17 de abril. Os resultados anticipan unha boa temporada turística para Compostela e prevese que este ano poderíamos chegar a superar as 1.400.000 pernoctacións por primeira vez nun ano que non coincide co Xacobeo.
Santiago Paixón Doce repite éxito de participantes https://t.co/1SPxmqykRc Moi boa acollida deste programa gastronómico na cidade pic.twitter.com/v9fH169vw2
— Nós Televisión (@NosTelevision) 24 abril 2017
Segundo os datos da Asociación Hostalería Compostela, a ocupación media durante a Semana Santa foi dun 88,89% en hoteis e dun 88,2% en pensións. Con estes datos, prevese unha temporada turística moi positiva para Compostela.