O concello de Santiago e El Patito Editorial preparan para o vindeiro 21 de febreiro unha homenaxe a Rosalía de Castro e a Narf. Para esta data, a Galería Sargadelos acollerá un acto que servirá, ademais para pechar a exposición que agora mesmo pode verse nese lugar. Presentárono na mesma Galería a tenente de alcalde, María Rozas, e os ilustradores Fausto Isorna e Xurxo Alonso.
O ilustrador Fausto Isorna salientou a experiencia desta exposición tan especial que acolle a Galería Sargadelos. Pola súa banda, o ilustrador Xurxo Alonso afirmou que o seu traballo abre portas de comunicación e interacciona a mensaxe co espectador.
A exposición tivo como inicio unha serie de libros que El Patito Editorial empezou a editar no ano 2011, cinco volumes ilustrados por Pepe Barro, Álvaro de la Vega, Xurxo Alonso, Manolo Figueiras e Fausto Isorna. Ao remate El Patito Editorial sacou á rúa o disco-libro de Narf Nas tardes escuras. O acto do día 21 terá lugar ás 19:30 horas e nel participará tamén o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.
.@maria_rzs falou hoxe sobre a Homenaxe a Rosalía e a Narf que o @PazodeRaxoi orzaniza con @patitoeditorial https://t.co/AnsktHkiLl pic.twitter.com/cH7JARgEeP
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 febreiro 2017