O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse no Pazo de Raxoi con Luis Babiano, xerente da Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento (AEOPAS) co obxectivo de valorar a posibilidade de recuperar a xestión pública do servizo de augas de Compostela.
Visita a Compostela de Luis Babiano
Hoxe @luis_babiano (@aeopas) estivo no @PazodeRaxoi falando sobre a xestión pública de augas pic.twitter.com/iVfh8wlehz
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 decembro 2016
Martiño Noriega explicou que hai vontade por parte deste goberno municipal de recuperar este servizo, un trámite que xa viviu cando era alcalde en Teo.
Cidades pola Auga pública
No mes de novembro Martiño Noriega participara no encontro “Cidades pola Auga Pública” celebrado en Madrid xunto a outros alcaldes e alcaldesas de concellos como Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza ou A Coruña. Neste encontro o alcalde xa se amosara partidario da remunicipalización deste servizo fronte ao negocio privado.