Unha delegación do Centro Galicia de Bos Aires visitou esta mañá o Concello de Santiago. En Raxoi foron recibidos polo Alcalde, Martiño Noriega, e pola Concelleira de Acción Cultural, Branca Nonoveyra. Logo dunha breve reunión, o alcalde reiterou a vontade do Concello por manter os vencellos dacolectividade galega no exterior coas súas raíces.