Home Programas Área Compostela Santiago e Teo acollen as actividades do Clúster “Rugby en Compostela”

Santiago e Teo acollen as actividades do Clúster “Rugby en Compostela”

0
Santiago e Teo acollen as actividades do Clúster “Rugby en Compostela”

A área de Compostela potenciará o deporte do rugby grazas á creación dun Clúster deste deporte que comezará as súas actividades nos concellos de Santiago e Teo. A iniciativa presentárona en rolda de prensa a edil de Deporte da capital, Noa Morales, acompañada do seu homólogo en Teo, Jorge Carballido, e dos presidentes das asociacións Valentes e Santiago Rugby Club, Diego Pagnotta e José Pérez, e do secretario da asociación CDU Rugby Santiago Veteranos, Víctor Arce.

vlcsnap-2016-12-29-17h43m49s304
Momento da rolda de prensa desta mañá

Neste Clúster do rugby en Compostela as diferentes seccións pasan a denominarse Escola, Equipo sénior e Veteranos de Rugby en Compostela. Haberá adestramentos e competicións, tanto de rugby como de fútbol americano na súa modalidade “flag football” en categorías sub-14 a sub-18. O primeiro evento será o día 21 de xaneiro no Polideportivo de Santa Isabel de Santiago.