Home Programas Área Compostela Santiago deberá pedir un crédito para pagar sentenzas contra gobernos anteriores

Santiago deberá pedir un crédito para pagar sentenzas contra gobernos anteriores

0
Santiago deberá pedir un crédito para pagar sentenzas contra gobernos anteriores

O Concello de Santiago celebrará o último día do mes de novembro un Pleno Extraordinario para solucionar parte da encerillada trama que está a vivir esta Institución logo de que numerosos procesos xudiciais que comezaron con actuacións de Gobernos anteriores remataran con sentenzas desfavorables.

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, comunicou en rolda de prensa que a convocatorio deste Pleno débese a que se ten que aprobar un expediente de modificación de crédito para o pago de tres sentenzas concretas.

Un crédito por valor de 949.453 euros

En total sería un crédito por valor de 949.453 euros para o pagamento destas tres sentenzas. O total de fondos que están a sair das arcas municipais para pagar estas sentenzas contra o concello chega a unha suma considerable.

María Rozas informou, ademais, que se realizará unha amortización anticipada de débeda por importe de 1.209.502 euros para “reducir no que levamos de goberno case unha cuarta parte da débeda que nos atopamos a nosa entrada“. Tamén comunicou que o concello fará unha achega complementaria ao Auditorio de Galicia de 124.146 euros, para manter a súa actividade ao mesmo nivel ca outros anos e logo de que outras institucións reduciran a aús participación nel.