Na Escola Infantil Municipal de Salgueiriños realizáronse diversas actividades para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. O acto contou coa presenza do Alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que pronunciou un manifesto pola Paz.
Desde o Concello de Santiago, reiteran o seu compromiso coa Paz, os Dereitos Humanos e a Non Violencia, nesta data proclamada pola ONU e pola UNESCO. O propio Martiño Noriega amosou un especial fincapé na posta en marcha de medidas e actuacións para facilitar o acollemento de persoas refuxiadas que “moi preto das fronteiras da Unión Europea viven en condicións inhumanas“
No día escolar da Paz, @martinhonoriega esixiu medidas para facilitar o acollemento de persoas refuxiadas na UE https://t.co/bA9l7XX09n pic.twitter.com/A6CtipBmj9
— Nós Televisión (@NosTelevision) 30 xaneiro 2017