A compañía Tintimán Audiovisual recupera a procesión de Santa Bolaña, para “reivindicar a dramaturxia galega e, en particular, a figura de Roberto Vidal Bolaño”. O acto realizaráse o próximo sábado, 22 de decembro, cun percorrido que comezará en Pelamios para rematar na entrada do Teatro Principal desde as 17:00h coa lectura dun manifesto teatral e unha foliada.
Durante o percorrido, haberá un “gran bocoi de viño”, unha banda musical e animadores de rúa, mentres que nas paradas nos locais haberá accións performativas concibidas por dramaturgas e dramaturgos a partir de textos propios ou doutros autores galegos.