Sánchez Izquierdo, sobre o #VenresNegroCRTVG: “Valentía? Non”

O director da CRTVG cuestiona as "mobilizacións 'entre aspas'" do persoal, rexeita a creación dun Consello de Informativos e presume da "pluralidade" da Radio Galega e a TVG

Polémicas declaracións do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, na Comisión de seguimento aos medios de comunicación públicos do Parlamento galego. Ante as preguntas da oposición, Sánchez Izquierdo restou importancia á campaña Defende a Galega e o #VenresNegro das e dos traballadores do grupo, cualificando as súas accións de “mobilizacións ‘entre aspas'” e cuestionando a forza das súas promotoras e promotores: “Valentía? Non. É unha expresión democrática e respectada, pero non é Valentía”, asegurou.

Cúmprese a lei cunha ampla xenerosidade

Así e todo, o director da CRTVG presumiu da “pluralidade” que, segundo el, caracteriza á Radio Galega e a Televisión de Galicia. “A lei fala de criterios de proporcionalidade e seguimento institucional, e estase cumprindo cunha ampla xenerosidade con tódolos grupos políticos”, expuxo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Sánchez Izquierdo tampouco ve necesaria a creación dun Consello de Informativos, xa que considera que hai arredor destes organismos “certa mitoloxía” acerca do seu contributo á pluralidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -