Home Programas Área Compostela Sánchez Bugallo: “As campañas contra os pisos en Compostela lémbroas nos últimos 30 anos de forma recorrente”

Sánchez Bugallo: “As campañas contra os pisos en Compostela lémbroas nos últimos 30 anos de forma recorrente”

0
Sánchez Bugallo: “As campañas contra os pisos en Compostela lémbroas nos últimos 30 anos de forma recorrente”

Xosé Sánchez Bugallo ocupou a alcaldía de Compostela dende os anos 1998 ata o 2011 e, recentemente, en 2019 volveu coller o timón da dirección do goberno local da capital galega. Nos últimos días, as rúas de Compostela víronse envoltas nunha campaña de denuncia sobre o mal estado no que se atopan os pisos da cidade compostelá que, do mesmo xeito, contrasta co alto prezo de algueiro. Ante isto, o rexedor compostelá sostén que as campañas contra o estado dos pisos en Compostela levan “máis de 30 anos” facéndose “de forma recorrente”. Neste senso, Bugallo recoñece que a situación empeorou tras a presión do sector turístico. Pese todo, mantén que o goberno local de Compostela está “implicado” coa garantía do dereito de acceso a unha vivenda digna.