Na mañá de hoxe, o concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, volveu a criticar as actuacións do Goberno Municipal de Santiago en relación á xestión das multas a locais de ocio nocturno. Brunete afirmou que “centos de persoas reciben cada día multas por parte do Concello de Santiago” mentres se preguntaba se hai un afán coercitivo por parte do departamento que dirixe Jorge Duarte.
“O PP quere ensuciar nome de Jorge Duarte” afirmou esta mañá Xan Duro
"O PP e Sánchez-Brunete queren ensuciar o nome de @jorgeduarteva". Esta mañá, @xanduro moi crítico co grupo popular https://t.co/SPM2msbRLI pic.twitter.com/X8RotlZnzd
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 outubro 2016
Poucos minutos despois, o concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, respondeu esta mesma mañá ante as novas críticas do Partido Popular. Reafirmou que o Goberno municipal xa deu explicacións “claras e contundentes” e apoiou as actuacións de Jorge Duarte.
Xan Duro afirmou que o Goberno municipal está plenamente convencido de que “non se cometeu ningunha ilegalidade” e censurou que o grupo popular está ensuciando inxustamente ao concelleiro Jorge Duarte. Tamén comunicou publicamente de que xa se recibiu a primeira remesa de expedientes sancionatorios do último ano do Goberno municipal do PP que non se chegaron a tramitar; acumulando un total de 17, algo que en palabras do propio Xan Duro é “moito máis grave”