“CUMPLIMOS ANOS COA NATUREZA SALVADA!!”. Con este entusiasmo, a plataforma Salvemos Casasós lanza o seu chamado ás veciñas e a todas as defensoras da terra a celebrar o seu quinto aniversario. “Queremos convidarvos a tod@s a participar desta xornada, que dará comezo coa mesa-coloquio con varios colectivos, na que poñeremos en común as diversas loitas que están a acontecer no noso territorio”.

- Publicidade -

A historia de loita de ‘Salvemos Casasós’ ten un final feliz que hoxe dá folgos a moitas outras comunidades veciñais organizadas en defensa da terra. A comezos deste ano, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) dáballes a razón e confirmaba a denegación da licenza da compañía eléctrica Naturgy para a construcción da Liña de Alta Tensión entre O Irixo e Lalín.

A celebración terá lugar este 16 de novembro cunha charla-coloquio que se desenvolverá ás 18.00 hroas no Círculo de Recreo de Lalín. Ás 21.00 horas será a quenda do picoteo que permitirá chegar con folgos aos concertos das 23.30 hotas con ‘Zënzar’ e ‘Zeltia e Peter‘, “toda ela xente grande da música e dende sempre comprometida coa defensa do medio ambiente”, tal e como lembra a organización.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego