Salvador Sobral interpreta ‘Eu en ti’ de Celso Emilio Ferreiro

Un comprometido Salvador Sobral participou da Gala aRi[t]mar e sorprendeu ao público asistente cunha versión dun poema de Celso Emilio Ferreiro

O proxecto didáctico-cultural organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela para achegarse á cultura e a lingua entre Galiza e Portugal celebrou onte a súa gala no Auditorio de Galicia.

Como noutras edicións escolléronse os mellores temas musicais e poemas en galego e en portugués. Lois Pérez e Alexandre Brea levarán o galardón de poesía. Nesta edición as músicas gañadoras foron Bailando as rúas da Banda da Loba e Amar pelos dois de Salvador Sobral e foi o segundo quen protagonizou a gran sorpresa da noite ao interpretar o poema ‘Eu en ti’ de Celso Emilio Ferreiro.

A presenza de Salvador Sobral levantou enorme expectación. O cantante portugués presentouse na Gala como un “galego do sur” e agradeceu os esforzos por fomentar o aprezo entre a lingua e a cultura entre ambos países para, poucos minutos despois, realizar varias actuacións en colaboración co pianista galego Abe Rábade.

- Publicidade -