Home Programas Área Compostela Salvador Sobral e Banda da Loba premiados no aRi[t]mar 2018

Salvador Sobral e Banda da Loba premiados no aRi[t]mar 2018

0
Salvador Sobral e Banda da Loba premiados no aRi[t]mar 2018

aRi[t]mar Galiza e Portugal, o proxecto didáctico-cultural, que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Compostela para achegarse á cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade, presentou a edición 2018. Como noutras edicións escolléronse os mellores temas musicais e poemas en galego e en portugués. Neste acto falaron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o concelleiro de eEducación, Manuel Dios; e o director da Escola, Gonzalo Constenla.

Nesta edición as músicas gañadoras foron Bailando as rúas da Banda da Loba e Amar pelos dois de Salvador Sobral. As segundas máis votadas foron Amodiño de De Vacas e Se me deixasses ser de Tiago Bettencourt.

Poesía

As poesías gañadoras foron Blues do rei Bergman=B.B. King de Lois Pérez e Com o ritmo da chuvia de Alexandre Brea. Neste caso quedaron por diante de Arróstrasme Ítacas de Eli Ríos e Sou mulher de vestigios fáceis e dignos de Cláudia R. Sampaio

Este ano o Premio especial do xurado á embaixada da amizade galego-lusófona foi para Convergências Portugal Galiza.

A gala terá lugar no Auditorio de Galicia o vindeiro 31 de outubro ás 21 horas con entrada de balde ata completar aforo. O cantante Salvador Sobral ofrecerá un concerto o día 1 de novembro ás 21 horas no Teatro Principal con entradas xa a venda no propio teatro ou por internet.