Home Programas Área Compostela Salceda de Caselas celebra o Día das Letras Galegas con Maios e lectura de textos de Carlos Casares

Salceda de Caselas celebra o Día das Letras Galegas con Maios e lectura de textos de Carlos Casares

0
Salceda de Caselas celebra o Día das Letras Galegas con Maios e lectura de textos de Carlos Casares

O Concello de Salceda de Caselas preparou para este 17 de maio varias actividades coas que celebrar o Día das Letras Galegas. A praza do Concello acollerá esa mesma xornada a partir das 11 horas a I Mostra de Maios feitos polas asociacións e centros escolares do municipio.

O Grupo de gaitas Carballeira de Picoña actuará ao longo desa mañá e a partir das 12 horas haberá lectura continuada de textos de Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano nesta data tan especial. Nestas actividades poderán participar calquera persoa que se achegue á festa.