O movemento feminista activa o protocolo nacional que, ante un feminicidio en Galicia, chama a convocar concentracións un día despois de que aparecese recollido en prensa escrita. Deste xeito, as mobilizacións terán lugar este martes día 23 nas principais vilas e cidades do país cuxas convocatorias podes consultar aquí.
Este último feminicidio ocorreu en Vilalba onde a Garda Civil investiga se un home de 50 anos matou á súa parella, de 47, e despois suiciduouse. O home tiña unha orde de afastamento en vigor sobre a vítima por violencia machista.
Dende a Plataforma Feminista Galega mostran a súa raiba e indignación e explican que ante sucesos coma este “sairemos sempre á rúa”, asegura Pili Estévez.