Home Programas Espazo Aberto Sachos e paraugas contra a garda civil. A III Marcha da Memoria chega este domingo ás Encrobas

Sachos e paraugas contra a garda civil. A III Marcha da Memoria chega este domingo ás Encrobas

0
Sachos e paraugas contra a garda civil. A III Marcha da Memoria chega este domingo ás Encrobas

Labregas e labregos das Encrobas pasaron á historia pola súa loita contra o espolio nos anos 70 enfrontandose á garda civil do franquismo con sachos e paraugas para defender ás súas terras , as súas casas. Aquelo produciu a vaga de solidariedade máis grande que se coñeceu nas loitas pola defensa da terra no noso país. A loita pola dignidade seguiu nos anos 80 e 90, e na primeira década do século XXI aínda que a destrucción do val coas súas aldeas e o éxodo de centos de personas foi imparable.

“Queremos lembrar o acontecido no pasado e tamén camiñar e conversar con personas loitadoras do século XXI sobre as loitas do presente. Crear rede, reflexión. Disfrutar da música, da poesía, intercambiar sentimentos. Conservar a memoria colectiva. Para elo teremos varias paradas no roteiro”, anuncia a veciñanza que organizou a III Marcha da Memoria este domingo, 29 de setembro, en forma dun roteiro de 3 quilómetros que sairá ás 10.30 do campo de fútbol das Encrobas.  “O remate será no punto de partida para coller cada quen a súa comida e vaso e dirixirnos a un alprende colindante onde teremos sesión vermú e actividades na sobremesa e na tarde. Alí contaremos con todos os servizos básicos para calquera persona con dependencia”.

Participarán nas actividades sorpresa músic@s, poet@s, activistas de plataformas que activas na actualidade , veciñas e vecinos da parroquia e presentaráns varias obras literarias vinculadas a loita das Encrobas. Tamén lembrarán a todas esas personas anónimas que coma Felisa e Maruja de Vinculeiro ou Elvira de García do Vidual ou outras máis públicas coma O Cesareo, O Costiñán, Moncho Valcarce ou o sociólogo Ramón Muñíz falecido neste 2019.

“Hoxe denunciamos o desleixo e falta de información e debate sobre a recuperación pública de parte dos terreos expropiados”

A Marcha non transcurre este ano polo entorno da mina. Escollen o entorno da central térmica pola parte alta e sur do val onde unha aldea (A Lousa) tivo que convivir desde os anos 70 co ruido, a contaminación polas descargas exteriores do carbón de importación, polas escorrentías do parque de almacenamento e pola acidificación do entorno. “Nos anos 90 xa empezaron os problemas e pola primeira década do seculo XXI houbo mobilizacións na aldea e creouse o colectivo A OUTRA CERCEDA para intentar mellorar as condicións de vida das veciñas ante o abandono das autoridades no control da fábrica e ante o abuso constante da empresa”.

“Hoxe denunciamos o desleixo e falta de información e debate sobre a recuperación pública de parte dos terreos expropiados para o fin que xa cesou e esiximos o desmantelamento total da central e o parque de carbón, limpeza e descontaminación da zona asi como a recuperación de espazos para as veciñas e vecinos. A recuperación do Pazo de Gontón para uso público, con posibilidade de roteiros e visitas a espazos cercanos ao pantano froito de asolagar o enorme burato de 3 kms de longo por un de ancho ne 200 de fondo na parte central, froito da extracción de perto de 100 millóns de toneladas de carbón que alimentou durante 30 anos unha central térmica que xerou centos e centos de millóns de beneficios ás empresas propietarias!”, relatan no comunicado enviado á prensa.