Sabela García será a nova directora técnica da Real Filharmonía de Galicia

Sabela García, nova directora técnica da Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia xa conta cunha persoa responsable da súa dirección técnica. Logo de dous anos de intensa búsqueda o posto pásao a ocupar a galega Sabela García Fonte.

A presentación oficial realizouse no propio escenario principal do Auditorio de Galicia con presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a xerente do Consorcio, Belén Hernández, o director artístico da orquestra, Paul Daniel, e a nova responsable da dirección técnica, Sabela García.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Noriega resaltou que o Concello levaba dous anos na procura dun “perfil moi esixente”

O alcalde lembrou as dificultades que tiveron para atopar á persoa idónea para este posto. Polo seu lado Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago, explicou as complicacións que tiveron para xestionar a Orquestra sen contar cunha dirección técnica.N a presentación, Paul Daniel, director titular e artístico da orquestra, tamén se referiu a esta etapa anterior e o que significará contar agora coa nova directora técnica.

Sabela García resaltou que se trata dunha “responsabilidade fermosa”

Pechou as intervencións a protagonista, Sabela García, directora técnica RFG, que explicou o que significou para ela formar parte do equipo da orquestra.

Sabela García naceu no concello coruñés de Cabanas, é licenciada en Historia da Arte pola USC e en Música Antiga pola Escola Superior de Música e Artes Escénicas do Porto. Traballou na Orquestra Barroca de Sevilla e como coordinadora na Asociación Española de Festivales de Música Clásica-FestClásica.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -