“Rural Horror Storis foi froito da miña incapacidade para atender aos profesores de instituto”, confesa Diego López ante as cámaras de Nós Televisión. A serie de antoloxía conta cunha identidade propia envolta pola cultura galega, tanto no humor como nos propios contextos nos que se sitúan os relatos. ‘Rural Horror Storis‘ non só sae adiante co esforzo e traballo de Diego López, senón tamén de todo un equipo que destaca a capacidade desta serie para experimentar e construir dende o distinto. Trátanse de Dani Xove Álvarez, presidente da Asociación Cinematográfica O’Caimán, e o actor-especialista Pablo Rodríguez Murcia. Atrevemento, garbo e talento non lles falta.
Inicio Cultura
‘Rural Horror Storis’, unha serie enxebre, atrevida e con garbo galego
Diego López, Dani Xove e Pablo Rodríguez compoñen o equipo que saca adiante 'Horror Rural Stories' que en breves chegará á grella de Nós Televisión