Rueda asegura que “entregará toda a documentación” da mina do Pino-Touro

O vicepresidente da Xunta asegurou tamén que a posición contraria á explotación mineira do concello de Ribeira “non ten que ver coa cor política”

Alfonso Rueda, substituiu hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa semanal posterior ao Consello da Xunta. En relación á petición de información dos colectivos da Ría de Arousa o vicepresidente asegurou a Nós televisión que “entregará a docuemnatción a quen a solicite”.

Preguntado pola posición contraria do concello de Ribeira ao proxecto mineiro, lembremos que este municipio conta cun alcalde do PP, Rueda botou balóns fóra e minimizou a importancia das “cores políticas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -