Rubén Cela: “Entre o que di e o que fai Compostela Aberta hai unha distancia sideral”

O concelleiro do BNG de Santiago cualifica ao Goberno de Noriega de "pésimo xestor" após coñecer os datos de execución dos orzamentos de 2017

Continúan as críticas dende a oposición ás cifras que amosa a liquidación orzamentaria de 2017 en Compostela. Se a pasada semana era o grupo socialista o que lamentaba o “baixo nivel de investimento” do Goberno local, este luns foi a quenda para o BNG. O concelleiro Rubén Cela considera que “entre o que di e o que fai Compostela Aberta hai unha distancia sideral”.

Se hai un problema estrutural, por que non reorganizan o servizo de xestión?

Unha das principais eivas detectadas polo edil nacionalista é o gasto en política social, un dos piares deste Goberno. Dende o Goberno local aluden a un “problema estrutural” para xustificar o “baixo nivel de execución”, unha explicación que non convence ao BNG: “Se é así, por que non reorganizan o servizo de xestión?”, expuxo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Por outra banda, Cela considerou negativo que o Concello acadase un remanente de tesouraría de máis de 7 millóns de euros, alegando que un goberno de esquerdas debera empregar eses cartos en investimentos para a cidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -