A pasada semana, o Concello de Santiago remitiu un fax a XADE —empresa mixta que xestiona as instalacións deportivas do complexo de Fontes do Sar— no que informaba da súa pretensión de seguir a prestar o servizo das pistas de pádel. Esta decisión tomábase “malia non ter contrato dende outubro de 2016”, segundo indicou o grupo municipal do BNG.

O voceiro da formación nacionalista na cidade, Rubén Cela, reflectiu este mércores a súa “total discrepancia” anunciando a súa dimisión do Consello de Administración de XADE. “Se o Concello quere manter irregularmente este servizo, non será co beneplácito do BNG”, expresou, salientando que “non é unha excepción na xestión de contratos públicos de Compostela Aberta”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Noriega: “É unha decisión desleal e preelectoral”

Porén, o alcalde, Martiño Noriega, acusa a Cela de tomar unha decisión “desleal” e “preelectoral”, en vista ás eleccións que se celebrarán o vindeiro ano. “As contas estaban sen regularizar dende 2012 e regularizámolas”, expresou Noriega, engadindo que “a xestión estaba a ser positiva e había un consenso”, até o de agora, xa que houbo un “cambio de actitude”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -