O galego volve á rúa en Compostela nunha actividade pensada para nenas e nenos. Co nome de A rúa é nosa! Territorio Xogantín, o concello de Santiago pon en marcha un programa de sociabilización na nosa lingua no espazo comuntario da praza 8 de marzo. A concelleira Marta Lois foi a encargada de presentar o proxecto acompañada pola técnica municipal do Departamento de Lingua, Soco García.
A rúa é nosa! Territorio Xogantín desenvolverase do 31 de xullo ao 1 de setembro, en horario de 11:30 a 13:30 horas, na praza 8 de marzo. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 6 a 10 anos, e para participar non se require inscrición previa no mesmo lugar. No caso de chuvia, as actividades trasladaranse á Zona C de Bonaval.