A Deputación da Coruña desenvolverá en Compostela o vindeiro sábado 29 de setembro a II Edición do Festival Rosalía. Nesta ocasión o lema escollido é “Unha cultura con superpoderes” e, como o ano pasado, terá como escenario a céntrica praza de Cervantes compostelán.
?♀️?♀️?♀️?♀️ Unha cultura con superpoderes
?️ Este sábado chega a Compostela o #FestivalRosalia da man da @DACCultura pic.twitter.com/3eodcTf4py
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 24, 2018
Rosalía volta ao seu festival en Compostela con superpoderes
A Vicepresidenta da Deputación da Coruña explicou o motivo de falar de Rosalía como unha superheroína. Goretti Sanmartín sinalou á poeta como a persoeira que conseguiu trascender o seu traballo para significarse como o símbolo dun país. Na presentación tamén participou a concelleira de Igualdade de Santiago, Marta Lois, quen sinalou á poeta galega como “unha feminista universal”.
A praza de Cervantes acolle este sábado a segunda edición do Festival Rosalía
de 11:00 a 21:00 horas
A parte de “feira” tamén é importante no Festival Rosalía e na Praza de Cervantes atoparemos postos representativos de produtos que empregan a imaxe de Rosalía de Castro como icona nacional de Galiza.
O Festival comezará ás 11 horas e contará con numerosas actuacións e actividades. Actuarán os grupos Os Quinquilláns e Uxía Senlle. Tamén haberá danza a cargo de Ánxela Blanco e Mónica de Nut e obradoiros de grafite e rap. Pechará o festival o grupo catalán de folk Val das Mouras.