A terceira Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza renderalle tributo do 19 ao 25 de febreiro, na cidade de Braga, a Rosalía de Castro e Zeca Afonso. Na rolda de prensa na que se presentou a programación da semana estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que fixo fincapé na necesidade de aproveitar os vínculos coa lusofonía.
Valentín García estivo acompañado por Uxía Senlle e por representantes das entidades organizadoras, de entre as que podemos destacar a propia Fundación Rosalía de Castro. Nesta semana, ademais de diversos concertos, haberá espazo para o coloquio e o debate, nos que se abordarán temas como, por exemplo, a imaxe da Galiza en Portugal. Así o explicou Uxía.
Hoxe @uxiamusica falou do necesario que é aproveitar a lingua e a cultura portuguesa https://t.co/od6GWd4DaE Converxencia Galiza-Portugal pic.twitter.com/9Xs59F6WIi
— Nós Televisión (@NosTelevision) 14 febreiro 2017
Esta semana de actividades permítenos lembrar o necesario que é aproveitar a lingua portuguesa e os vínculos con ela para fortalecer Galiza e o galego e mesmo para a promoción internacional do noso País.