Home Programas Espazo Aberto Rodrigo Romaní volve cun novo traballo: “Fios de ouro no ár”

Rodrigo Romaní volve cun novo traballo: “Fios de ouro no ár”

0
Rodrigo Romaní volve cun novo traballo: “Fios de ouro no ár”

Rodrigo Romaní segue a debuxar Galiza coa súa arpa. O músico noiés presentará este venres 27 de abril na Coruña o seu cuarto disco de estudo no que lembra ao poeta Aviés de Taramancos no título: “Fios de ouro no ár”. Nesta ocasión o formato de intérpretes será de trio xunto con Bea Martínez e Xulia Feixoo aínda que para o directo estará acompañado do o pianista coruñés Nani García e o vocalista do desparecido grupo Quempallou, Guillerme Ignacio.

Queres escoitar o último de Rodrigo Romaní?

Romaní asegura que se trata “dun traballo centrado na sonoridade da arpa diatónica, máis coñecida como arpa céltica, adaptada á música de tradición oral de Galicia. Os temas que forman parte do disco pretenden achegar material a ese xogo tímbrico”.

A arpa continúa a ser a protagonista neste novo travallo de Rodrigo Romaní que recoñece que este instrumento “entrou na música feita desde Galicia hai xa corenta anos e desde entón son numerosos os e as interpretes que se van incorporando a este instrumento pola súa especial capacidade de sedución e versatilidade para múltiples estilos e xéneros”.

No disco, ademais, colabora o Cuarteto Novecento, que acompaña unha das pezas mais estimadas polo autor, “Preguiza. Tamén participa na gravación Inés Lorenzo, co seu inconfundible timbre de voz, achegando beleza en “Indo de cara á Grixoa” e” Ai Deus, se sabora” e o destacado membro dos desaparecidos Quempallou, Guillerme Ignacio, interpreta dous cantos tradicionais, “Pasacalle e Muiñeira”.