O portavoz dos socialistas no Concello de Santiago, Paco Reyes, quixo pasar páxina hoxe en rolda de prensa da decisión tomada o pasado domingo polo Comité Federal do PSOE de facilitar un goberno do PP en Madrid coa súa abstención.
Antón Barba non tomou posesión como Concelleiro
A agrupación socialista de Santiago vive unha situación canto menos delicada. Logo da demisión en maio de María Tovar no pasado Pleno tampouco tomou posesión como concelleiro do PSOE Antón Barba. A esixencia deste de ser portavoz foi contestada en rolda de prensa polo actual portavoz, Paco Reyes.
Na mesma rolda de prensa o portavoz socialista pediu ao goberno local o informe de valoración do EDUSI e pregúntase se se presentaron alegacións ou ten pensado facelo o goberno municipal de Santiago.