Home Programas Espazo Aberto Rexeitamento nas rúas á nova Lei de Saúde

Rexeitamento nas rúas á nova Lei de Saúde

0
Rexeitamento nas rúas á nova Lei de Saúde

Continúa a polémica acerca da reforma sanitaria impulsada polo Partido Popular. O pasado martes, o Goberno liderado por Núñez Feijóo aprobaba en solitario o proxecto de lei malia pedir, os tres partidos da oposición, que tomase “en consideración” as mobilizacións do 4 de febreiro, e anulase a devandita mudanza no texto.

Na rúa semella que hai unanimidade

A cidadanía compostelá critica esta decisión do PP de seguir adiante, a pesares da negativa popular, coa privatización dun servizo público e esencial como é a Sanidade.

Ante esta situación, as plataformas en defensa dos servizos públicos coma SOS Sanidade Pública aseguran que seguirán a convocar novas concentracións para amosar ao Goberno da Xunta que a sociedade galega se opón á privatización.