As Enfermeiras Eventuais en loita concentrábanse o 12 de setembro diantes dos hospitais e centros de saúde en rexeitamento dos contratos de continuidade, unha modalidade contractual que consideran abusiva.
O Colexio Oficial de Enfermería de Lugo e as Eventuais en Loita presentaban onte 12 argumentos para desmontar a versión oficial desta modalidade contractual. Ademais, denuncian que “non mellorará as condicións laborais do personal eventual porque esíxelles dispoñibilidade absoluta sen unha remuneración económica axeitada”.
https://t.co/iBnnH9bImP@eventuais_loita
— Colexio Oficial Enfermeria Lugo (@COELugo) September 12, 2019
Ademais, o colectivo de Enfermeiras en Loita considérano “un parche que non soluciona os problemas”. Estes contratos durarían un ano no que as profesionais, din, terían que estar dispoñibles as 24h do día e suxeitas ás necesidades do Sergas. Para o Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, “esta modalidade contractual pode provocar unha diminución na utilización doutro tipo de contratos, que dentro da contratación temporal son os que xerarían máis garantía e estabilidade ao profesional eventual.”
Ademais, as Enfermeiras en Loita denunciaban nun manifesto que non cobrarían plueses, festivos nin terían opción de escoller quenda de traballo. As enfermeiras eventuais téñeno claro: “o novo contrato de continuidade é un contrato de escravitude de longa duración”, e esixen a creación de novas prazas fixas para cubrir as necesidades estruturais do Sergas.