A proposta do Partido Popular de Santiago de impulsar unha comisión de investigación dos contratos menores que o partido de Agustín Hernández vincula a unha suposta trama de “amigos e familiares” de Compostela Aberta non saiu adiante. Os votos de CA, BNG e PSdeG serviron para rexeitar unha proposta que, segundo o bloque progresista da cidade, non ten “nin pés nin cabeza” e que tiña un componente meramente “electoralista”

- Publicidade -

O propio PP deixou evidenciou nada máis comezar o pleno municipal que a listaxe de contratos menores que viñan de aportar estaban, en todo momento, suxeitos á dereito. O que foi voceiro do PP neste conflito, Alejandro Sánchez Brunete, unicamente puxo en dúbida no pleno extraordinario de hoxe a “ética” destas contratacións. Apuntan directamente a 20 empresas de “familiares, cargos e activistas de Compostela Aberta”

Rexeitan a “caza de bruxas”

Nin PSdeG nin BNG quixeron sumarse á liña discursiva do partido de Agustín Hernández. Por unha banda, o grupo socialista optou pola abstención e lembrou que no 2017 levaron a pleno unha moción para regular e transparentar os contratos menores. “No pleno extraordinario de hoxe que non hai que criminalizar os contratos menores” afirmou o voceiro da formación, Paco Reyes

Nunha liña máis dura tamén se manifestou o Bloque á hora de rexeitar a proposta de creación dunha comisión de investigación pola falta de credibilidade e o contexto electoral das acusacións do PP. “Non imos participar na caza de bruxas que iniciou o PP nin dedicar o noso tempo a investigar quen é amigo de quen no facebook”, advertiu no pleno Goretti Sanmartín

Trala exposición de motivos do PP, o alcalde de Compostela censurou a estratexia “infame” que están a desenvolver na formación conservadora: “O marco do PP é un marco trampa e entrar nesas coordenadas é asumir unha maneira de facer política sentada na infamia”. Así foi o máis destacado da intervención do alcalde da cidade

Ademais, no pleno tomou a palabra Clara Cordeiro, en representación dalgunhas empresas que hoxe asistiro ao pleno e que se viron involucradas neste conflito xerado polo Partido Popular da cidade. “Pedimos respecto ás profesionais que propoñemos proxectos para a administración e pedimos respecto ás nosas ideoloxías” resaltou a artista.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego