Home Programas Área Compostela Reunión positiva entre o sector da hostalería e o Concello

Reunión positiva entre o sector da hostalería e o Concello

0
Reunión positiva entre o sector da hostalería e o Concello

O sector da hostalería, bares e pubs de Compostela mantivo unha reunión no Pazo de Raxoi coa corporación municipal presidida polo Alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e á que asistiron tamén Jorge Duarte, Concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito a Vivenda e Mobilidade, e Xan Duro, Concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia. A reunión foi moi positiva tal e como afirmou Noriega á saída e o xerente de Hostalería de Compostela

Ramón García actuou como voceiro do sector.

Ramón García afirmou que na reunión falouse de procurar solución para que se respecten os dereitos de todos.

O voceiro do sector tamén pediu xenerosidade a todas as partes.


Ramón García sinalou que parte do proble veu da man do rebumbio mediático que perxudicou moito ao seu sector. Preguntado polo suposto trato de favor por parte do Goberno Municipal dixo que nunca antes se fora tan estricto no cumplimento da normativa. Na reunión acordouse entre todas as partes a constitución dunha mesa de traballo que marque as prioridades e estableza a interpretación do marco actual de xeito que non se perxudique a un sector tan importante para a cidade.