Home Programas Retrincos ‘Retrincos’: Xosé Manuel Beiras

‘Retrincos’: Xosé Manuel Beiras

0
‘Retrincos’: Xosé Manuel Beiras

“Son catedrático de sistemas económicos; nacionalista, desde que descubrín que o meu pobo era un pobo asoballado (…) e son de esquerda propiamente dita -marxista- porque cando falamos de pobo, falamos da xente que vive neste país e padece a historia que lle impoñen, e quero contribuír a que sexa protagonista da súa historia e da súa emancipación.”. Así se presenta Xosé Manuel Beiras neste Retrincos, no que debullamos a política e os movementos sociais galegos desde os anos 90 ata hoxe.

A sociedade civil e os partidos: “As eleccións son un mercado, e os votos cómpranse. As posibilidades de mudar a situación, de recuperar as liberdades efectivamente prácticas, de condición xustas, só se lograran mediante o motor que é a propia cidadanía.”

“As ferramentas das clases traballadoras, os partidos e os sindicatos hexemónicos, comezaron a fallar, e polo tanto, a orfandade é brutal. As clases traballadoras están inermes.”

O expolio das caixas galegas: “A cidadanía estaba preocupada das súas condicións de vida, brutalmente agredidas (…) A xente defendíase diso, non estaba en condicións de tamén ser unha forza cívica que se mobilizase para impedir que as caixas fosen regaladas a un banqueiro da contra venezolana.”

O fin do proceso de creba democrática e o goberno de coalición:

“O poder conseguiu domesticar á esquerda rebelde.”

“Non é un goberno de esquerdas, propiamente dita, se non progresista e antifascista.”

Ademais, falou das experiencias de AGE e En Marea, dos medios de comunicación galegos ou da evolución do BNG.