Home Programas Espazo Aberto Repensar o modelo de desenvolvento rural en todo o mundo

Repensar o modelo de desenvolvento rural en todo o mundo

0
Repensar o modelo de desenvolvento rural en todo o mundo

A ONU considera que o desenvolvemento dunha agricultura sostible é a principal forza impulsora da redución da pobreza e da seguridade alimentaria, pero continúa a ser un sector moi precarizado. De feito, datos da organización do ano pasado estipulan que dos 821 millóns de persoas que padecen fame no mundo, o 80% viven en áreas rurais, e sofren discriminación e abusos constantes. Por este motivo, en decembro do ano pasado, foi aprobada a Declaración dos Dereitos dos labregos e das labregas e outras persoas que traballan a terra logo de décadas de negociacións lideradas polo movemento internacional La Vía Campesina, no cal participa entre outros moitos, o Sindicato Labrego Galego.

No documento non só se recollen o dereito dos traballadores do campo ao acceso e control sobre a terra, as sementes, o auga e en xeral os recursos naturais tradicionais, senón que tamén recoñece o seu rol á hora de acadar a soberanía alimentaria e de fomentar o desenvolvemento sostible do rural e da sociedade. Pero sen dúbida, o feito máis importante é que sendo unha convención das Nacións Unidas, a súa implementación é obrigatoria para todos os estados membros.

As cámaras de Nós Televisión quixeron conversar  sobre este tema tan cercano con Marina dos Santos, dirixente do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil, membro de La Vía Campesina, e que participará na lectura pública da declaración en Compostela o vindeiro domingo 31 de marzo.