O pasado día 17, a empresa norteamericana Alcoa rompía as negociacións e confirmaba que iniciaría o proceso do ERE. Desde entón, as protestas esixindo unha intervención pública acentuáronse en todas as vilas da Mariña.
Na noite do sábado 20, máis de 10.000 persoas mobilizáronse en San Cibrao. Levaron luces, candeas e cadaleitos como símbolo do que consideran, sería a Mariña co peche da factoría.
Este luns 22, UXT, CCOO e CIG convocaron outra manifestación en Burela. Unhas 15.000 persoas esixindo “un futuro” para a comarca. O presidente do comité, José Antonio Zan esixía un marco enerxético estable e un plan a longo prazo, no que considera “un problema político”.
O martes 23 pola tarde, reuniranse todas as partes para acadar unha solución. Se nada cambia, o próximo venres 25 -día no que Alcoa comeza o proceso do ERE- o comité manifestarase na subdelegación do Goberno, en Lugo.