Reorganízanse as áreas de aparcamento para residentes da cidade vella

Haberá importantes mudanzas, desde o 1 de Xullo, nas prazas de estacionamento para residentes da cidade vella

O Concello de Santiago reorganiza as áreas de aparcemento para residentes da cidade vella. O concelleiro de Medio Ambiente e convivencia, Xan Duro, presentou hoxe as modificacións que se levarán a cabo en distintas zonas de aparcamento a partir do 1 de xullo, e que lle afectan fundamentalmente á cidade histórica.

Xan Duro: “Potenciamos a vida na zona vella, máis alá da actividade turística”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Máis prazas

Mapa completo coas novas modificacións para o estacionamento de vehículos para residentes da Cidade Vella

Coa totalidade das modificacións previstas, os residentes da cidade histórica pasarán a contar con 115 prazas de estacionamento a partir do vindeiro 1 de xullo atendendo, deste xeito, ás demandas trasladadas pola veciñanza. Gañaranse un total de 38 prazas de estacionamento en San Clemente e outras 33 na rúa da Costa Vella.

Mudanzas nos horarios

No relativo aos horarios, tamén se atrasará o inicio do horario para residentes na rúa de Carlos Maside coa finalidade de atender ás necesidades dos usuarios do centro sociocultural e do pavillón deportivo. Ata agora, o aparcamento libre era ata as 21:00 horas, e pasa a ser ata as 23:00 horas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -