Home Programas Área Compostela Regueifas para promover o galego

Regueifas para promover o galego

1
Regueifas para promover o galego

Para promover o uso da nosa lingua ben vale unha regueifa. A experiencia de empregar esta fórmula do noso patrimonio inmaterial xa é un éxito en varios centros educativos polo que o departamento municipal de Lingua decidiu colaborar no certame “Enreguéifate”. O alcalde presentou esta actividade no Pazo de Raxoi acompañado por Manolo Maseda, un dos promotores do festival.

Para participar no certame é preciso gravar un vídeo regueifando, no que participen un mínimo de dúas persoas, e que non dure máis de tres minutos. Pódese participar nas categorías escolar, para o alumnado de centros educativos galegos non universitarios, ou xeral, para calquera persoa. O prazo para presentar os traballos vai do 1 ao 30 de abril. Os “galardóns” terán carácter simbólico, e serán entregados o 12 de maio no Auditorio de Galicia, coincidindo coa Regueifesta. Maseda explicou a importancia da regueifa e do intercambio con outras nacións como a de Euskal Herria que teñen recursos semellantes.

O Concello tamén colabora en obradoiros de regueifa en centros de ensino do municipio. Un total de 400 alumnas e alumnos dos centros CEIP das Fontiñas, IES Antonio Fraguas, IES Xelmírez I e CEIP Apóstolo Santiago confirmaron a súa participación nestes obradoiros.

Vídeo divulgativo da actividade: