Home Programas Área Compostela Refórzase o Servizo de Axuda no Fogar de Santiago e duplícase o seu orzamento

Refórzase o Servizo de Axuda no Fogar de Santiago e duplícase o seu orzamento

0
Refórzase o Servizo de Axuda no Fogar de Santiago e duplícase o seu orzamento

A Xunta de Goberno adxudicou o pasado luns o Servizo de Axuda no Fogar para os anos 2018 e 2019, cun investimento que se duplicará en relación ao último prego aprobado en abril de 2015. Deste xeito, o Concello disporá dunha contía anual moi preta aos 2 millóns de euros. En consecuencia, poderanse prestar 121.000 horas de servizo cada ano para aquelas persoas que o precisen.

O dobre de investimento e o dobre de horas de atención domiciliaria

Esta adxudicación divídese en dous lotes diferenciados —Santiago Oeste e Santiago Leste—, o que permitirá, segundo a concelleira, “mellorar a eficiencia dos servizos prestados”. Deste xeito, as empresas concesionarias deberán garantir a distribución de guindastres con arnés ou colchóns antiescaras para tódalas persoas con mobilidade reducida e dificultades económicas que accedan a este servizo.

Alén de incrementarse o orzamento anual até preto de 2 millóns de euros, esta contía podería medrar en 1,6 millóns se o Concello o considerase preciso, mentres que polo de agora a marxe de manobra permitida era de 250.000 euros.