Home Programas Área Compostela A reforma do pavillón do Colexio Monte dos Postes contará cun investimento de 200.000 euros

A reforma do pavillón do Colexio Monte dos Postes contará cun investimento de 200.000 euros

0
A reforma do pavillón do Colexio Monte dos Postes contará cun investimento de 200.000 euros

O Concello inviste 200.000 euros para levar a cabo a reforma do pavillón do Colexio Monte dos Postes. A concelleira de Deporte, Noa Morales, informou na mañá de onte dos detalles desta actuación que o Concello acometerá neste pavillón, que na actualidade conta con varias deficiencias que afectan á iluminación, á filtración de augas e á reverberación do son.

O investimento de 200.000 euros para que se acometan estas obras súmase aos 300.000 euros que o Concello investirá no pavillón do Apóstolo Santiago e aos 165.000 euros que investirá en pequenas obras en cinco instalacións de Compostela.