O aviso realizado hai dous meses polo concelleiro de Medio Ambiente de Santiago, Xan Duro, está a dar resultados. As rúas do centro histórico da cidade están a esquecer as bolsas de lixo fóra do seu lugar e en horarios non axeitados. Confirmouno o propio edil responsable desta área en rolda de prensa na que tamén reafirmou a súa intención de seguir a traballar para que se respecten as ordenanzas.
Preguntado polos medios de comunicación locais polo número de insfraccións detectadas e sancionadas neste período de tempo, Xan Duro asegurou que era moi baixo.
Segundo a Ordenanza vixente, os residuos teñen que depositarse nos contedores, en bolsas pechadas e consistentes, sempre a partir das 21.00 horas posto que a recollida comeza ás 22.30 horas.