Un proxecto para humanizar a cidade
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, visitou Montero Ríos para comprobar o estado das obras nesta rúa.
O concelleiro explicou o proxecto de humanización, que recupera espazos para a cidadanía nesta rua comercial e contribue tamén ao calmado de tráfico.
“A prioridade é que as persoas ocupen o espazo público por riba dos vehículos”
Jorge Duarte sinalou que a humanización desta rúa conta con dous elementos destacables: a praza peonil elevada e a configuración da zona de carga e descarga. Ademais, sinalou o impacto que terá esta humanización no uso do transporte público da nosa cidade.
.@jorgeduarteva “A prioridade é que as persoas ocupen o espazo público fronte os vehículos” https://t.co/m200y8uSr8 pic.twitter.com/MdxkqkkXMM
— Nós Televisión (@NosTelevision) 12 abril 2017
“Hai un retorno positivo tanto da veciñanza como dos comerciantes da zona”: Jorge Duarte, Concelleiro de Espazos cidadáns
A piques de rematar as obras en Montero Ríos, xa está habendo un retorno positivo tanto da veciñanza como dos comerciantes desta rúa. Tamén destaca a satisfacción por parte do colectivo dos taxistas, xa que a súa parada cambiou de localización e pasa da beirarrúa esquerda á dereita.
Moitos comerciantes solicitan que a rúa pase a ser peonil, pero este tipo de medidas só se poderán levar a cabo unha vez esté aprobado o plan de mobilidade.
“O autobús ten que ser especialmente cauto nesta rúa”
Preguntado polos medio de comunicación, o concelleiro de espazos cidadáns, Jorge Duarte, explicou que os autobuses non poden ocupar o espazo que lles corresponde en Montero Ríos e que desde o seu departamento xa se deron as indicacións oportunas para que as e os conductores do transporte público sexan “especialmente cautos”
???? “É un proceso de adaptación; os autobuses non poden ocupar o espazo que non lles corresponde en Montero Ríos” https://t.co/m200y8uSr8 pic.twitter.com/67w37HiiCs
— Nós Televisión (@NosTelevision) 12 abril 2017