Recuperar a memoria das mulleres

O documental "Concha Castroviejo. Arelas de liberdade" amosa a vida dunha das moitas voces "cubertas polo manto do silencio e do esquecemento"; como comenta a creadora do Aurora Marco

“Concha Castroviejo. Arelas de liberdade” é unha curtametraxe de 28 minutos que amosa, de xeito moi resumido, a vida da homónima escritora, ensaísta, xornalista e crítica literaria. Nada en Compostela, Concha Castroviejo é unha das moitas figuras femininas “cubertas polo manto do silencio e do esquecemento”, en palabras de Aurora Marco, unha das artífices do documental xunto seu fillo, Pablo Ces. O ano pasado, a peza recibiu o galardón Xohana Torres pola súa aportación  á recuperación da memoria histórica das mulleres de Santiago.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ademais desas mulleres excepcionais como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán ou Concepción Arenal, “hai outras moitas que achegaron moito á sociedade e á economía do país que non eran coñecidas”. A historia sempre foi contada por homes, e recuperar a memoria das mulleres que participaron nela, “un camiño bastante difícil” comenta Aurora Marco, “sobre todo de algunhas”. Pero agora é o momento, e este documental é unha mostra de que se pode conseguir.

O esquecemento da muller na historia é só unha das moitas consecuencias de vivir nun mundo erguido na superioridade dun xénero, e vendo a escea política actual “que nos quere levar corenta anos atrás ou ao século XIX” como di a investigadora, é imposible evadir o tema. “É unha auténtica caverna“, asegura. Pero Marco non é pesimista, e lembra que “só hai que pensar no que aconteceu o ano pasado o día 8 e no que vai acontecer este día 8 de marzo

Feminista e republicana soterrada no silencio

Firme republicana e envolta nos levantamentos militares da década dos 30, Castroviejo sempre foi un gran loitadora. Cando comezou a ditadura e tivo que marchar ao exilio, pero regresou á decada seguinte para emprender unha fructuosa carreira profesional como xornalista, así como novelista e crítica literaria.

É nesta etapa da súa vida na que máis se fai oir, máis como dixo o recoñecido xornalista Borbó en 1991, “habería que remontarse á condesa de Pardo Bazán para atopar unha figura feminina de tan interesante biografía e poderoso talento como a da singular crítica literaria e admirabel novelista Concha Castrviejo, hoxe na penumbra“.

 

Como parte do ciclo de conversas na Xohana Torres polo Día da Muller, está prevista a proxección do documental, o día 15 de marzo ás 19:30.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -