Home Programas Área Compostela Recuperada a Fonte da Virxe, considerada a orixe do barrio de Conxo

Recuperada a Fonte da Virxe, considerada a orixe do barrio de Conxo

0
Recuperada a Fonte da Virxe, considerada a orixe do barrio de Conxo

O barrio de Conxo loce máis resplandecente ca nunca. O obradoiro de emprego Ecotur III vén de rematar as obras de restauración da Fonte da Virxe, un espazo emblemático do Camiño de Santiago que, segundo relatan algúns historiadores, sería a orixe do barrio de Conxo, noutrora concello propio.

A orixe do barrio de Conxo

A fonte foi erixida logo de descubrirse o manancial orixinal daquel espazo a tres metros baixo terra, e a estrutura final garda moitas semellanzas coa histórica fonte, mais non conserva os arcos románicos que a gorecían, xa que estes foron recolocados no Mosteiro de Conxo, o seu espazo de procedencia.

A Fonte da Virxe foi un lugar de referencia nas peregrinacións a Compostela

A nova fonte gusta á veciñanza do barrio, mais, como indican as persoas que coñeceron a orixinal, non cabe comparación posible coa que fora lugar de referencia para as e os peregrinos que pasaban por Conxo ao remate do Camiño. Esta fin de semana celebrarase a romaría conmemorativa do Banquete de Conxo na emblemática carballeira, cun extenso programa de actividades que permitirá á veciñanza coñecer en profundidade un evento transcendental para a Galicia do Rexurdimento.