“Para que non corra risco a vida dos bebés precisamos pediatras e non os temos”, sostivo Alberto Núñez Feijóo durante a sesión de control deste mércores. “Mentres non os teñamos, haberá un risco inminente para as mulleres de Verín”, explicou o presidente da Xunta que insistiu no traslado dos servizos de paridoiro de Verín a Ourense. “Vostedes que propoñen?”, soltou o presidente do Partido Popular de Galicia que promete reabrir a sala de partos de Verín en canto haxa pediatras.

- Publicidade -

O conflito polo peche do paridoiro de Verín recruou no pleno do Parlamento despois de que Alberto Núñez Feijóo optase por rebaixar a posición da Xunta. Dende o Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, sentenciou que “claro que son radical á hora de defender os dereitos das mulleres”.

Noutra banda, Antón Sánchez denuncia o peche de servizos públicos e a consecuencia que isto ten para o benestar da poboación e tamén do seu propio crecemento. Fai fincapé en que Ourense sitúase entre as peores provincias de todo o estado español en canto a saldo vexetativo.

Entre tanto, Gonzalo Caballero denunciou “os recortes e os ataques” á sanidade pública que “non lle vai perdoar” a sociedade galega. Considera que a Xunta ten a capacidade técnica suficiente para que o paridoiro de Verín funcione.

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego