Home Programas Espazo Aberto Recrúa o conflito entre a dirección de En Marea e o grupo parlamentario

Recrúa o conflito entre a dirección de En Marea e o grupo parlamentario

0
Recrúa o conflito entre a dirección de En Marea e o grupo parlamentario

A tensión entre o partido e o grupo parlamentario de En Marea escenificouse publicamente coa escolla do senador por designación autonómica. Se ben o partido decidíu que fose Mariló Candedo, o grupo votou por José Manuel Sande. Como non conseguiron chegar a acordo algún, a dirección do partido propón suspender de militancia ós oito deputados que asinaron a proposta de Sande. Así o transmitía a vicevoceira do partido de En Marea, Ana Seijas.

Nunha entrevista na CRTVG, Antón Sánchez, vicevoceiro do grupo parlamentario de En Marea, dixo que a escolla do senador corresponde ao grupo. “Apostei sempre por dialogar e buscar un consenso, non se conseguiu ese consenso desexado e o que se produce é unha decisión democrática amplamente respaldada no grupo, o resto son decisión que a min me sorprenden por pouco responsables, por moi destrutivas e por non entrender o que é este espazo e non aprender dos erros do pasado”, sostivo.