Recoñecer a excelencia a través do deporte

O Concelleiro de Deportes de Santiago de Compostela, Rafael Peña, presentou hoxe en rolda de prensa un innovador curso que procura que a mocidade de 14 a 17 anos de Santiago recoñeza as súa aptitudes logo de coñecer ás de deportistas profesionais de élite.

O coordinador da actividade, Santi Espiñeira, explicou o funcionamento do curso.

Nesta actividade contarán a súa experiencia o atleta Pedro Nimo, o árbitro da ACB Jacobo Rial, o adestrador do Santiago Futsal, Santi Valladares, o adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, o director de marketing da Sociedade Deportiva Compostela, Javier Puñal, o campión de Europa de Squash, Borja Golán, o psicólogo, nutricionista e nadador, Daniel Caamaño, e o skater, Marcelo Lusardi.

O curso comezará o 14 de outubro e rematará o 25 de novembro. Impartirase un venres á semana durante dous meses e contará cunha actividade práctica.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego