Esta mañá o Concello celebrou un acto en recoñecemento aos docentes de Infantil e Primaria que se xubilan este ano. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, salientou a importancia do profesorado á hora de formar ás novas xeracións.

- Publicidade -

Martiño Noriega aproveitou o acto para reivindicar a importancia do ensino público

Pola súa banda, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, destacou o compromiso do Concello coa área do ensino e o seu obxectivo de recoñecer a labor docente.

No acto de hoxe foron homenaxeados once profesores e profesoras

O acto contou coa música achegada pola orquesta Praeludium. Ademais, recibiron distincións Xosé Manuel Barreira do CEIP Ramón Cabanillas, José Antonio Pérez do CEIP Apóstolo Santiago, Teresa Cuns do CEIP Lamas de Abade, María Isabel Vázquez do CEIP Monte dos Postes, Teresa Vilaboa e Teresa Fernández do CEIP Pío XII, Ercilia Luísa Diéguez e Francisco Javier Albarrán do CEIP Fontiñas e, por último, Manuela Salgueiros, María Elena Salvado e Lucía Noya do CEIP Nosa Señora dos Remedios.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego