O Concello presenta numerosas iniciativas para a celebración do Día Mundial da Infancia. Un programa moi variado de actividades no que colaboran UNICEF, Cruz Vermella, Tropa Verde e a Asemblea de Colaboración pola Paz. A temática elixida este ano é, xunto coa defensa dos dereitos da infancia, a loita contra o cambio climático.
O acto principal celebrarase o vindeiro luns
O alumnado do CEIP As Fontiñas e do CEIP Pío XII participará nun pleno municipal en Raxoi no que exporá aos grupos políticos as súas propostas acerca dos dereitos humanos e o coidado do medio ambiente.
A través de obradoiros interactivos tentarase concienciar ás nenas e nenos do grande impacto que xera a degradación do medio, así como da importancia de respectar os dereitos da infancia.