Home Programas Área Compostela A Real Filharmonía de Galiza ábrese a actuacións de balde en espazos singulares e con propostas didácticas

A Real Filharmonía de Galiza ábrese a actuacións de balde en espazos singulares e con propostas didácticas

0
A Real Filharmonía de Galiza ábrese a actuacións de balde en espazos singulares e con propostas didácticas

A Real Filharmonía de Galiza quere seguir medrando en público. Ésta é a principal idea que hoxe transmitiron na presentaron no Auditorio de Galiza en rolda de prensa da nova tempada da formación musical galega. No acto participaron o presidente do Consorcio e alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández, o director titular da orquestra, Paul Daniel, e o xerente do Auditorio de Galiza, Xaquín López.

A Real Filharmonia celebrará esta tempada 25 concertos de abono entre os que salientan o 300 aniversario da estrea da “Música acuática” de Haendel ou o centenario do pasamento de Debussy.